O reitor Juan Casares intervén no seminario que a Menéndez Pelayo organiza cos futuros universitarios galegos
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, participa este venres 3 no seminario no que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo reúne en Vilagarcía de Arousa aos mellores expedientes de bacharelato de Galicia co pretexto de afondar no funcionamento e organización das institucións universitarias. A intervención do reitor compostelán, que explicará os pormenores académicos da USC, terá lugar ás 12:00 horas no Centro Nacional de Formación Marítima de Baio, onde se desenvolve todo o seminario.