O reitor Juan Casares interveu no FECIES para subliñar a proxección da responsabilidade social universitaria e a calidade

O reitor Juan Casares interveu este xoves 14 no IX Foro Internacional sobre a Evaluación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES) para referirse á relación entre ‘ Responsabilidade social universitaria e calidade’. Como sinalou, a responsabilidade social universitaria lexitima e reforza o papel da calidade dentro do quefacer universitario, ao facilitar a súa inclusión e articulación cos procesos de formación académica, investigación e transferencia de coñecemento. Sinónimo de ‘bo facer’ e de ‘bo goberno’, a calidade “senta os alicerces sobre os que construír a responsabilidade social das universidades”, facendo patente a necesidade de xestionar un complexo marco de relacións cos grupos de interese “no que a satisfacción das súas expectativas se constitúe como principal obxectivo da xestión universitaria”. No caso concreto da USC, o reitor explicou que o compromiso coa calidade e a responsabilidade social reflíctese nas súas principais declaracións de identidade e orientación estratéxica. Sinalou Casares que ambos conceptos deben considerarse como “inseparables e mutuamente incluíntes” e aínda que constituen obxectivos autónomos e independentes, “precísanse o un ao outro, xa que non hai responsabilidade social sen calidade, nin calidade que hoxe poda ser entendida sen un firme compromiso coa responsabilidade social”. Participación da USC no foro A conferencia do reitor neste foro súmase á participación das vicerreitoras de Responsabilidade Social e Calidade e de Titulacións e Persoal Docente e Investigación, Benita Silva e Carmen Fernández Morante, respectivamente. Tamén este mesmo xoves, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet Schröder, forma parte doutro simposio que abordará os planos e estratexias das universidades para potenciar a internacionalización xunto a representantes do goberno de Murcia e das universidades de Alacante e Deusto. A USC está presente ademais en diversos bloques do programa do Foro a través da participación de distintas unidades universitarias como a Oficina de Igualdade de Xénero, a Área de Calidade e Mellora de Procedementos e a Oficina do Plan de Desenvolvemento Sostible, así como numeras comunicación orais e escritas que presentará profesorado. Obxectivos
O FECIES ten como misión, entre outros obxectivos, coñecer a nova organización das ensinanzas universitarias; analizar e debater sobre a selección do profesorado e sobre a situación do doutoramento en España e na UE; así como coñecer os distintos plans das universidades para potenciar a investigación, a calidade e a converxencia e coñecer as distintas ferramentas para avaliar a calidade da investigación científica. Máis información en http://www.ugr.es/~aepc/IXFORO/presentacion.html.