Ir o contido principal

O reitor Juan Casares recibiu a dúas alumnas da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas que cursan estudos na Universidade de Verán

O reitor, no centro, recibiu ás dúas alumnas a quen acompañaron Santiago Fernández e Amparo Porta.
O reitor, no centro, recibiu ás dúas alumnas a quen acompañaron Santiago Fernández e Amparo Porta.

O reitor Juan Casares recibiu en San Xerome a Kumkum Ahmed e Nahida Akter, bolseiras seleccionadas pola Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Española para realizar un curso de verán na Universidade de Santiago de Compostela. Esta é a primeira vez que a Cátedra concede dúas bolsas a dúas das súas mellores estudantes. A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas, emprazada na Universidade de Dhaka (Bangladesh), créase en 2010 en virtude dun acordo entre a empresa téxtil e as universidades de Dhaka, Bangladesh, Santiago de Compostela e A Coruña. Leva dous anos de funcionamento, traballando para impartir clases de lingua e cultura españolas e organizando actividades culturais como a celebrada o pasado mes de outubro, unha exposición de gravados de Goya. Grazas ao acordo subscrito, as universidades galegas achegan profesorado á Universidade de Dhaka para a ensinanza de lingua e cultura españolas. O acordo prevé ademais o desprazamento a España de profesores e investigadores da universidade bengalí que serán formados nesta materia. O director desta Cátedra é o profesor Guillermo Rojo e o subdirector o tamén profesor e director do Departamento de Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral da USC, Santiago Fernández Mosquera, quen tamén estivo presente na recepción co reitor compostelán, xunto a Amparo Porta, coordinadora da Cátedra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2013.