O reitor Juan Casares recibiu ao presidente da Unión Mexicana de Empresarios Galegos para definir posibles vías de cooperación

O reitor Juan Casares recibiu este martes 24 en San Xerome ao presidente da Unión Mexicana de Empresarios Galegos (UMEGAL), Antonio Cortés, quen está a manter unha serie de encontros cos responsables universitarios galegos así como con outros organismos autonómicos. No encontro, Cortés expúxose ao reitor compostelán o seu desexo de achegar as universidades da comunidade autónoma ás empresas galegas en México co obxecto de potenciar posibles sinerxías e establecer pontes de coñecemento e comunicación entre ambas. UMEGAL tamén estaría interesa en ofrecer ao estudantes fontes de financiamento, a través dos empresarios galegos afincados en México, para os seus proxectos produtivos e de emprendemento outorgándolle apoio para o seu desenvolvemento na realidade.