Ir o contido principal

O reitor Juan Viaño inaugura este luns as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias en Lugo

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, inaugurará o luns, día 1 de xuño, as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), no marco dun acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas na propia sede do centro universitario de investigación, desenvolvemento e innovación, situadas na Rúa Montirón de Lugo.

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana Carballo; a subdirectora Xeral de Control e de Laboratorios Alimentarios, Cristina Clemente Martínez, e o director da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Enrique Arbones Maciñeira, tamén intervirán na sesión inaugural destas novas instalacións universitarias. O descubrimento dunha placa conmemorativa no vestíbulo da APLTA servirá de preámbulo do acto institucional de inauguración, que comezará cunha intervención de benvida a cargo do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2015.