O reitor participa no acto de entrega de diplomas do máster de Bioética
O reitor Juan Casares asiste este sábado 1 de febreiro ao acto de entrega de diplomas da segunda edición do Máster de Bioética que se vai celebrar a partir das 11.00 horas no Salón de Actos da sede compostelá do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (r/ San Pedro de Mezonzo, 39-41 baixo). A conferencia-coloquio ‘Equidade e xustiza no ámbito sanitario’, a cargo do catedrático de Filosofía Moral da Universidade de Valencia Jesús Conill Sánchez, precederá á entrega de diplomas ao alumnado que rematou este posgrao.