O reitor presenta a oferta de posgrao oficial da USC e o seu proceso de matrícula
O reitor Juan Casares ofrecerá este xoves 22 unha rolda de prensa para dar a coñecer a oferta de másters oficiais da Universidade de Santiago para o vindeiro curso académico así como os principais aspectos do proceso de matrícula para estes posgraos.
A presentación, na que estará acompañado da vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao, Eva Castro, celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A oferta de posgrao oficial da USC para 2010-2011 ascende a 76 títulos, dos que 62 terán límite de prazas.