Ir o contido principal

O reitor preside o acto de recoñecemento aos mellores estudantes nas probas de acceso á universidade

O reitor da USC, Senén Barro, presidirá este venres 10 o acto de recoñecemento aos estudantes de Bacharelato que acadaron unha puntuación definitiva de nove ou superior nas Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño de 2009. Serán un total de 391 estudantes pertencentes a 166 centros de ensino, deles 123 son homes e 268 mulleres.
A xornada celebrarase a partir das 19:00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia coa presenza ademais do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente do Consello Social, Manuel Puga; do vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; da concelleira de Educación, Mercedes Rosón; do coordinador do programa A Ponte, Luis Hervella; e do delegado da USC na Ciug, Manuel Bermejo.No transcurso do acto intervirán tamén a alumna Ana Castro Gay, do IES Vilar Ponte de Viveiro, en representación dos estudantes homenaxeados, para dar paso ao director do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, Xosé Toba, representando aos centros de ensino secundario de Galicia.Na mesma sesión, entregaranse os premios do concurso de relatos curtos ‘Como te imaxinas na USC?’ que nesta edición recaeu no alumno do Colexio La Salle de Santiago, Francisco Liñeira González, e no do IES Fontexería de Muros Xaquín Abadín Mayo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2009.