O reitor pronuncia a lección inaugural das XVIII Xornadas Luso Galaicas da Real Academia Galega de Ciencias
O reitor da USC pronunciará este martes 20 a conferencia inaugural das XVIII Xornadas Luso Galaicas que a Real Academia Galega de Ciencias organiza ata o próximo xoves 22. O reitor compostelán, cuxa intervención dará comezo ás 9:15 horas na sede da Real Academia (r/ San Roque, 2), presentará o relatorio ‘Unha universidade mellor?’.
Estas xornadas de Ciencia están orientadas ao fortalecemento do intercambio científico xa existente en numerosas áreas, así como a estimular o desenvolvemento de proxectos comúns e levar a un mellor a un mellor coñecemento de persoas que nestas dúas comunidades teñen dedicado as súas vidas á investigación científica. Nelas interveñen docentes das universidades de Porto e da propia USC pertencentes e diversas áreas de coñecemento.