O reitor recibe aos titulados en Medicina da USC cos mellores expedientes do exame MIR deste ano
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o decano da Facultade de Medicina e Ondontoloxía, Juan Jesús Gestal Otero, recibirán este xoves aos sete titulados e tituladas da USC que se situaron entre os 100 mellores da última convocatoria de Médico Interno Residente (MIR). A recepción celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome ás 10.45 horas. A USC sitúase así, xunto coa Central de Barcelona, a Autónoma de Madrid, a de Navarra e a Autónoma de Barcelona, entre as cinco cos mellores resultados de toda España.