O reitor recibiu ao equipo subcampión do torneo internacional de debate político

O equipo universitario que o pasado mes de marzo se proclamou en Salamanca subcampión internacional de debate político foi recibido este luns polo reitor no seu despacho de San Xerome. A Sociedade de Debate de Competición da Universidade de Santiago que hoxe visitou ao reitor logrou o segundo posto a moi escasa marxe do gañador, a Universidade Francisco de Vitoria de Madrid, no II Torneo Internacional de Debate Político Trivium que organiza o Máster de Imaxe e Comunicación Política da Universidade Pontificia de Salamanca.
Forman o equipo Alejandro Pardo Castro, Claudia Cid Nieto, Soraya Cruz Portela, Iago González Pazos e Blanca Tejero Fernández, adestrados por Santiago Martínez Suárez.