O reitor recibiu aos participantes do programa Mozos Líderes Iberoamericanos

O reitor Juan Viaño recibiu aos participantes na décimo segunda edición do programa Mozos Líderes Iberoamericanos, que esta fin de semana visitaron Santiago dentro da ruta que están a desenvolver con visitas e actos en Madrid, Bruxelas e Toledo, ademais de en Compostela. Na súa estadía en Galicia, a comitiva fixo un percorrido por parte do patrimonio histórico da institución docente compostelá. Neste programa participan unha seleccións de 50 dos mellores licenciados/as universitarios/s da Comunidade Iberiamericana de Nacións que participan neste experiencia a través da que coñecerán de primeira man a actualidade de Europa, as súas perspectivas de futuro e as relacións que manteñen. Ao longo de dúas semanas, o grupo realiza visitas, mánten xuntanzas e participa en conferencias e encontros cos principais protagonistas do mundo político, empresarial e cultural de España e da Unión Europea. Esta é unha iniciativa da Fundación Carolina, Grupo Santander e Fundación Rafael del Pino.