O reitor recibiu en San Xerome ao Valedor do Pobo

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, recibiu no seu despacho de San Xerome ao recentemente designado Valedor do Pobo, Benigno López González.
Na recepción, tanto o reitor como o que fora maxistrado da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia conversaron sobre cuestións que afectan ás institucións das que son responsables e aproveitaron para reforzar os vínculos de colaboración xa existentes.