O reitor Senén Barro presenta en Lugo a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o vindeiro curso
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, presentará en rolda de prensa este mércores 24 a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2009-2010 no Campus de Lugo.
Na presentación, que terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, o reitor referirase á nova oferta de titulacións (graos) adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.