Ir o contido principal

O reitor Senén Barro presenta a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o curso 2007-2008

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, presentará mañá xoves, día 5, a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2007-2008.
Na presentación, que terá lugar nunha rolda de prensa a celebrar a partir das 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o reitor referirase á oferta docente en titulacións de 1º e 2º Ciclo así como aos prazos de matrícula tanto nas titulacións con límite como nas sen límite.
Respecto do proceso de matrícula, a USC presenta diversas novidades como a ampliación das exencións de prezos públicos, a concesión de bolsas aos estudantes premiados nas Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química ou Bioloxía, ou a apertura dun novo prazo de matrícula, do 17 ao 28 de marzo, para aqueles alumnos interesados en estudar na USC, entre outras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2007.