Ir o contido principal

O reitor Senén Barro presenta a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o curso 2008-2009

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, presentará en rolda de prensa este luns, día 30, a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2008-2009.
Na presentación, que terá lugar ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o reitor referirase á oferta docente en titulacións de 1º e 2º Ciclo así como aos novos graos e posgraos oficiais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2008.