O reitor Senén Barro presentará en Lugo os detalles do proxecto Campus 2015
O Campus de Lugo experimentará nos vindeiros anos unha transformación coa que a USC pretende consolidar a oferta docente existente e desenvolver a nova de forma axeitada, así incrementar o potencial investigador e de emprendemento xa demostrado ata o de agora.
Campus 2015, denominación do plan baixo o que se agrupan estes obxectivos da institución académica para o campus lugués, presentarao o reitor Senén Barro este venres 5 na Vicerreitoría de Coordinación do Campus nun acto ás 11:15 horas no que tamén intervirán o alcalde do Concello de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
O desenvolvemento do plan implicará, entre outras actuacións a construción de novos edificios de servizos e para centros singulares de investigación, a Escola de Enxeñaría Civil ou un pavillón polideportivo, entre outras iniciativas.