O reitor da USC asiste en Oleiros á inauguración do seminario ‘A conservación en acción. Desafíos da conservación’
O reitor Juan Casares asiste este venres 10 en Oleiros á inauguración do II Seminario ‘A conservación en acción. Desafíos da conservación’ promovido polo CEIDA. Nesta xornada inaugural, prevista as 9:30 horas no Castelo de Santa Cruz, participarán tamén o reitor da Universidade da Coruña, José Mª Barja; o director do CEIDA, Carlos Vales; o director dos Museos científicos coruñeses, Xosé Antón Fraga; e o alcalde de Oleiros, Ángel García. No seminario mostraranse experiencias de planificación, xestión, divulgación, participación e investigación, útiles para a conservación da biodiversidade. A través destas presentacións tratarse de reflexionar e expoñer exemplos de boas prácticas aplicables tanto no ámbito local como no rexional e internacional.