O reitor da USC e o conselleiro de Educación asinan un convenio para desenvolver o plan de actuación 2015-2016 do Campus Terra en Lugo
O reitor da USC, Juan Viaño, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, asinarán este mércores 7 de outubro o convenio entre as dúas institucións para o desenvolvemento do plan de actuación 2015-2016 do Campus Tera en Lugo.
O acto de sinatura desenvolverase ás 18.00 horas no salón de actos da Casa do Saber de Lugo no marco dunha sesión aberta na que tamén intervirán o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, e o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema.