Ir o contido principal

O reitor da USC participa no Foro Burgos de Economía e Empresa

Intervirá nunha mesa redonda sobre as condicións da innovación e o emprendemento

O reitor da USC, Senén Barro, participa este venres 9 no Foro Burgos de Economía e Empresa que está dedicado á creación de empresas e innovación. O reitor compostelán será un dos dous relatores, xunto ao presidente de Infonomía Alfons Cornellá, dunha mesa na que se debaterán as condicións necesarias para unha boa relación entre a innovación e o emprendemento.
O Foro, no que se debaterá sobre a dinámica da relación entre innovación e emprendemento, inclúe ademais outras tres mesas redondas que afondarán nas actuais políticas públicas de apoio á innovación e á capacidade para emprender, no caso da innovación e o emprendemento en Castela-León, para rematar cunha análise do tema de estudo no contexto internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2008.