Ir o contido principal

O reitor da USC presentará a sexta Memoria de Responsabilidade Social da institución

O reitor Juan Casares e a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, presentarán este venres 27 a sexta Memoria de Responsabilidade Social da USC, correspondente ao período 2010-2011, que da continuidade á serie iniciada en 2003. A presentación celebrarase a partir das 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A elaboración desta sexta memoria incorpora varias novidades comezando cunha nova estrutura que procura facer o documento máis manexable e útil para os diversos grupos de interese, e continuando coa información sobre o desempeño social e ambiental da USC cunha presentación o máis próxima posible no tempo á dos últimos resultados económicos. A memoria ofrece unha completa imaxe da actividade da institución non só nos eidos de docencia, investigación e servizos, senón tamén nos do compromiso social e ambiental, permitindo á comunidade universitaria e ao conxunto da sociedade obter unha visión equilibrada e nítida da contribución da USC ao desenvolvemento sostible.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.07.2012.