O reitor da USC preside o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro 2008 do PEN Club Galicia
O reitor da USC, Senén Barro, presidirá este venres 26 o acto literario de entrega dos premios ‘Rosalía de Castro’ 2008 na súa sétima edición, convocado polo PEN Club Galicia nas modalidades de literatura en lingua vasca, catalá, portuguesa e castelá.
A sesión comezará ás 20:00 horas Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nela tamén intervirán a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o presidente do PEN en Galicia, Luís González Tosar.
Os galardóns desta edición recaeron en Jon Kortazar, na modalidade de lingua vasca; en Joan Margarit, en catalá; Mia Couto, en portugués; e en Álvaro Mutis, na modalidade de literatura en lingua castelá. Na mesma sesión, e logo da entrega de premios, o reitor Senén Barro imporalle a Insignia de Ouro da USC a Álvaro Mutis.