Ir o contido principal

O reitor da USC preside este mércores en Lugo a reunión do xurado encargado de fallar o XX Premio Aresa

Antonio López Díaz e Álvaro Rodríguez Eiras
Antonio López Díaz e Álvaro Rodríguez Eiras
A candidatura galardoada darase a coñecer ás 12.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación, no marco dunha sesión pública
Lugo

O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidirá este mércores 4 de decembro a reunión do xurado encargado de fallar o XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa xunto coa USC. Unha vez rematada a última avaliación das 13 candidaturas que optan ao galardón, dotado cun premio en metálico de 10.000 euros, os membros do xurado farán pública a súa decisión nun acto público que se desenvolverá a partir das 12.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.

O xurado da edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural está formado polo reitor da USC, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira García; o catedrático de Medicina Legal da USC e investigador e experto internacional en xenética, Ángel Carracedo Álvarez, e a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, que actuará como secretaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.