O reitor da USC e o presidente da Sociedad Española de Medicina General asinarán un convenio para a creación da Cátedra SEMG de Medicina de Familia
O reitor da USC, Senén Barro, e o presidente da Sociedad Española de Medicina General, Benjamín Abarca Buján, asinará o vindeiro luns 30 un convenio para a creación da Cátedra SEMG de Medicina de Familia.
O acto de sinatura celebrarase a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Esta Cátedra terá como obxectivo realizar actividades docentes de pregrao encamiñadas a formar e educar aos estudantes de Medicina nos valores, conceptos e habilidades en atención primaria de saúde, así como promover actividades de docencia, investigación, formación e documentación neste eido, entre outros fins.