O reitor da USC recibe a un grupo de internos do Centro Penal de Monterroso que rematan o Camiño de Santiago
O reitor Senén Barro recibe este xoves 27 a un grupo de internos do Centro Penitenciario de Monterroso que chegarán a Compostela logo de realizar o Camiño de Santiago dende o Cebreiro ao longo de sete etapas. A recepción realizarase no claustro do Colexio de Fonseca a partir das 11:30 horas.
Esta iniciativa desenvólvese no marco do proxecto ‘Sen Barreiras’ que inclúe diversas actividades culturais e educativas no eido da educación permanente de adultos en coordinación con Alemaña, Francia, Noruega e Turquía.
Na recepción na USC, o reitor estará acompañado do presidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago. Cristóbal Ramírez. Este grupo de peregrinos que se achegarán á Universidade acompañados dos polo director do Centro Penitenciario, Víctor Fraga, intégrano oito internos de nacionalidade alemá, arxentina, española, liberiana, romanesa e venezolana. Na comitiva tamén viaxa o responsable dun centro educativo noruegués de integración de inmigrantes, Bente Grosvold; Antonio León e José Luis Bermúdez, da Consellaría de Educación; Pedro Cantero e Manuel Sánchez, director e mestre do Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso; así como outro persoal deste mesmo centro.