Ir o contido principal

O reitor da USC recibiu ao director da Escola de Graduados en Educación da Universidade Virtual do Tecnolóxico de Monterrei

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibiu este luns no seu despacho ao director da Escola de Graduados en Educación (EGE) da Universidade Virtual do Tecnolóxico de Monterrei, José Guadalupe Escamilla de los Santos.
José Guadalupe Escamilla manifestou o seu interese por estreitar os lazos entre a USC e a Escola que dirixe en base ao convenio marco de colaboración que a institución compostelá mantén co Tecnolóxico de Monterrei. Neste senso Escamilla salientou que un dos eidos de maior interese é o relativo á formación en liña, xa que a EGE imparte toda a súa docencia en formato totalmente virtual.
Durante a súa estadía en Compostela e logo da recepción do reitor, o investigador mexicano visitou a Facultade de Ciencias da Educación onde entrou en contacto con docentes e investigadores para o intercambio de experiencias así como para a análise de posibles vías de colaboración conxuntas.
Escamilla de los Santos, quen ademais é director do Centro Innov@te para a Innovación en Tecnoloxía e Educación, posúe un longa traxectoria tanto docente como investigadora no eido da utilización das tecnoloxías na educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.02.2008.