Reitores de institutos politécnicos de Brasil mostran o seu interese na oferta docente da USC

Un grupo de seis reitores de diversos institutos politécnicos de Brasil e de Portugal reuníronse este venres co reitor Juan Viaño a quen expresaron o seu interese por iniciar ou reforzar vías de colaboración a través de programas de intercambio de persoal docente así como na cooperación en programas de posgrao e formación de profesorado en ámbito como as Ciencias da Educación ou a Enxeñaría, entre outros. Así, a xuntanza serviu de toma de contacto para coñecer aqueles programas docentes, ben e grao ou de doutoramento, que representan a posibilidade de ofertar cursos recoñecibles tanto pola USC como pola institución universitaria de destino así como identificar áreas de interese para a mobilidade de alumnado e persoal investigador. Neste visita á USC, participaron os reitores dos institutos de Educación, Ciencia e Tecnoloxía Goiano, Vicente Pereira de Almeida; de Goiás, Jerônimo Rodriguez da Silva; do Mato Grosso, José Bispo Barbosa ; do Norte de Minas, José Ricardo Martins da Silva; do Sul-Rio-Grandense, Marcelo Bender Machado; e do Triángulo Mineiro, Roberto Gil Rodriguez Almeida; así como o vicepresidente do Instituto Politécnico de Porto, Carlos Ramos. Tanto no encontro celebrado no Colexio de San Xerome como na visita desenvolvida ás instalacións composteláns, os reitores estiveron acompañados polo profesor Miguel Santos Rego.