Ir o contido principal

Os reitores da USC e da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica asinarán un protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica

O reitor da USC Juan Casares e o da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica (Perú), Alejandro Gabriel Encinas Fernández, asinarán este xoves 7 un protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica nunha sesión protocolaria a celebrar a partir das 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Este acordo renova e actualiza as relacións de cooperación entre ambas institucións académicas establecidas nun convenio marco asinado a finais de 2007. O novo documento pretende promover o desenvolvemento e difusión da cultura e, en especial, o desenvolvemento da ensinanza superior de grao e posgrao e a investigación científica e tecnolóxica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2013.