Ir o contido principal

A relación entre estatística e indicadores de xénero, a estudo nos cursos de verán

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

Cun enfoque multidisciplinar, a oferta da Universidade de Verán 2010 inclúe unha proposta orientada ao estudo de ‘ Estatísticas e indicadores de xénero’. Trátase dun curso que dirixe a profesora Mª Xosé Rodríguez Galdo e que se vai celebrar entre os días 7 e 10 de setembro no Centro de Estudos Avanzados co financiamento do Instituto de la Mujer. ‘Indicadores de xénero e calidade de vida’ será o tema do primeiro relatorio programado ao que lle seguirán unha serie de intervencións que profundan na relación de tempo, xénero e estatísticas; avances na elaboración de estatísticas con perspectivas de xénero e máis concretamente o caso de Eurostat; ou a medición do uso do tempo e indicadores de xénero. Na xornada do día 8 de setembro, o programa inclúe dúas mesas redondas sobre os estudos dos Institutos Oficiais de Estatística de España e sobre a experiencia dos organismos internacionais na elaboración das estatísticas de xénero. Ademais, incluiranse dous relatorios que achegan o campo da economía ás perspectiva de xénero.

A mediación do uso do tempo dende a perspectiva de xénero e indicadores que mostran as diferenzas de xénero en adultos son algúns dos temas programados para a terceira xornada á que lle seguirá a do 10 de setembro cunha mesa redonda sobre a perspectiva de xénero e a elaboración de indicadores na produción do grupo RIDHEM e a clausura oficial do curso

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2010.