Ir o contido principal

As relacións coas empresas asociadas con vTigerCRM, tema da terceira sesión das primeiras xornadas da Aula TIC-Pemes

Este venres 25 celebrarase a terceira das sesión programadas nas primeiras ‘Xornadas de aplicacións web de software libre para asociacións empresariais’, organizadas en Lugo pola Aula TIC-Pemes da Universidade de Santiago.
A sesión constará dunha conferencia de 45 minutos dirixida a directivos e xerentes de asociacións empresariais e dun obradoiro de dúas horas de introducción no uso da plataforma web de xestión de relacións con clientes vTigerCRM, dirixido aos informáticos e persoal de administración das asociacións.
A conferencia estará a cargo de Nuria Fernández Flores, xerente da Asociación de Empresarios do polígono industrial de O Ceao, que exporá a experiencia desta asociación coa citada plataforma.
A xornada desenvolverase de 17:00 a 20:00 horas nas e Administración e Dirección de Empresas de Lugo. A conferencia será na Aula 3 e a práctica na aula de informática número 1.
Nas sesións que restan destas xornadas, os días 9 e 16 de maio, tratase sobre a xestión de contidos e portais web con Spip e o traballo en grupo e a xestión de proxectos con eGroupWare.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2008.