Ir o contido principal

Relatores de primeira orde nas xornadas sobre a nova lei de defensa da competencia que organiza a Facultade de Económicas

O encontro enmárcase nos actos de celebración do 40 aniversario do centro

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais comeza esta semana, en colaboración co Tribunal Galego de Defensa da Competencia, cunhas xornadas nas que destacados expertos e profesionais na materia debaterán acerca da nova lei. A inauguración terá lugar este martes, día 27, ás 17:00 horas no Salón de Graos, coa intervención do director xeral de Política Comercial do Ministerio de Industria e Comercio, Ignacio Cruz Roche, titulada ‘A competencia no sector comercial’.
O encontro, que forma parte dos actos de celebración dos corenta anos de existencia deste centro compostelán, inaugura ademais as actividades das Aula de Práctica Empresarial dirixida a completar a formación dos alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a través da realización de seminarios sobre temas de actualidade económica e de conferencias de empresarios.
Xa o 29 de novembro o presidente do Tribunal Catalán de Defensa da Competencia, Lluís Franco i Sala, falará do papel dos organismos autónomos na defensa da competencia. Pola súa banda, Fernando Jiménez La Torre, da consultora NERA, explicará o 4 de decembro o modelo de competencia perfecta fronte a outros modelos de mercado’, para rematar o día 12 dese mes coa intervención do presidente da Comisión Nacional de Defensa da Competencia, Luís Berenguer Fuster, sobre a nova lei.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.11.2007.