Remata no CIMUS un ciclo que repasa fórmulas de éxito de xestión da investigación en España
O ciclo ‘Fórmulas de éxito de xestión da investigación en España’ celebra este venres 19 a súa sesión de clausura no edificio do Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), onde ao longo deste mes se celebraron unha serie de charlas para coñecer as mellores prácticas desenvolvidas noutras comunidades e participar no proceso de optimización do modelo galego de xestión da investigación. Con anterioridade ao inicio da quenda de intervencións, o reitor Juan Viaño participará xunto coa secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, nunha visita ás instalacións do CIMUS. Deseguido, a partir das 10.00 horas comezará a xornada cunha primeira serie de relatorios sobre as condicións para crear unha contorna atractiva de investigación universitaria en Galicia. Nela intervirán a profesora da USC Mabel Loza, o investigador da Universidade da Coruña Héctor Gómez e o de Vigo Fernando Pérez. Deseguido, ás 11.40 horas, Carmen Vela impartirá a conferencia titulada ‘O impulso do liderado científico e tecnolóxico a través do programa de Apoio a Centros de Excelencia Severo Ochoa.