Ir o contido principal

Remata o congreso de Psicoloxía Xurídica e Forense

O oficial superior do proxecto de revisión da clasificación dos trastornos mentais e do comportamento da OMS pronunciará a conferencia de clausura

O oficial superior do proxecto de revisión da clasificación dos trastornos mentais e do comportamento da Organización Mundial da Saúde (OMS), Geoffrey Reed, pronunciará este sábado 25 a conferencia plenaria coa que rematará a programación do VIII Congreso (Inter)nacional de Psicoloxía Xurídica e Forense. Comezará a partir das 13.00 horas no Salón de Actos da EGAP. Este congreso está organizado, entre outros, pola Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e pola Unidade de Psicoloxía Forense da USC que dirixe o catedrático de Psicoloxía Xurídica e Forense Ramón Arce e nel danse cita especialistas de primeira orde internacional. Na xornada do sábado, tamén se atopa a directora da Oficina da Representante Especial do Secretariado Xeral de Nacións Unidas sobre Violencia contra Nenas e Nenos. Elda Moreno, quen intervirá nunha mesa de expertos dende as 12.00 horas dedicada ao ‘Bo trato aos menores, unha responsabilidade multidisplinar’. Outros temas presentes nas mesas de debate que conforman a sesión serán a mediación ou a psicoloxía na asistencia das vítimas de delitos ou Plena actualidade Entre as cuestións a tratar nos tres días do encontro figuran asuntos tan relevantes como o trastorno mental transitorio e a imputabilidade penal, a prevención da reincidencia, a intervención no medio penitenciario, a psicoloxía da testemuña, a protección e reforma dos menores en risco, a aplicación da xustiza terapéutica aos procesos de ruptura de parella ou a avaliación psicolóxica de custodias. O programa científico inclúe ademais mesas de expertos, comunicacións libres e sesión aplicadas sobre os avances máis recentes, que estarán estruturados en torno a seis eixes fundamentais: Psicoloxía Xurídica do Menor, da Familia, Penitenciaria, Vitimoloxía, Dereito Penal e Dereito Civil. Se ben os eixes coinciden en todas estas citas congresuais, quizais sexa o referido á familia o que máis interese suscita “por ser un tema preocupante de sempre e ao que a sociedade non lle presta a atención que merece, sobre todo no trato á infancia”, matiza Arce.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2014.