Ir o contido principal

Remata o Cursos de Emprendemento e Liderado para mozos brasileiros

Hoxe, día 29, ás 13 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca

O Cursos de Emprendemento e Liderado para mozos brasileiros, no marco do programa de Brasilia Sem Fronteiras, clausurase hoxe, ás 13.00 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, nun acto presidido polo vicerreitor de Internacionalización da USC, Carlos Salgado López, no que participarán tamén o Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, a xerente de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud, a profesora Loreto Fernández, coordinadora da parte de emprendemeento do curso e directora da Cátedra Bancaja de Emprendemento Xuvenil da Universidade de Santiago de Compostela, e Luciano Helou, fiscal do Goberno do Distrito federal de Brasilia.

Neste programa colaboraron na docencia, xunto coa Cátedra Bancaja de emprendemento Xuvenil, a cátedra Jaime Vera de Emprendimiento Social, dirixida por Elena Vázquez Cendón, profesora de Matemáticas. Segundo pon de manifesto a xerente de Cursos Internacionais, a última parte do programa, enfocada na formación do liderado, foi desenvolvida pola consultora PROMOVE.

Os participantes no curso visitaron as empresas Inditex-Zara, Chévere, Autoridade Portuaria de Vigo, Martin Códax, Arqueixal e Granxa Maruxa, e participaron en actos de presentación da Rede Emprendia, Banco Santander, USC e Centro Superior de Hostalería de Galicia. Tamén tiveron recepcións nos concellos de Teo, Samos e Melide.

Os estudantes brasileiros participaron en actividades culturais, como representacións teatrais, talleres de música tradicional galega, de pandeireta e de fotografía; visitaron o Museo do Pobo Galego, en Santiago, e a Torre de Hércules, en Coruña, así como Parque Nacional dás Illas Atlánticas (Salvora), a cidade de Ourense, a Ría de Arousa, a Cidade dá Cultura. En total foron 160 horas lectivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.08.2014.