Ir o contido principal

Remata o prazo para achegar comunicacións ao III Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación

A Facultade de Ciencias da Educación da USC acollerá a mediados do mes de abril o III Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación (COGALICE). O prazo para presentar comunicacións remata este domingo 29.

A terceira edición do congreso, organizado pola Asociación Herminio Barreiro e polo equipo decanal da Facultade compostelá, diríxese a investigadoras/es predoutorais e noveis, a alumnado das titulacións de Educación e, nesta ocasión por primeira vez, a profesionais interesados na investigación – acción.

O propósito do encontro é construír un espazo aberto para a promoción, intercambio e discusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diferentes áreas de coñecemento do ámbito educativo, procurando nutrirse das variadas temáticas obxecto de estudo na realidade socioeducativa e así enriquecer o acervo investigador e institucional das Ciencias da Educación.

Esta terceira edición contará coa presenza de recoñecidos docentes universitarios, profesionais e representantes de asociacións de investigadores noveis que asistirán a conferencias, mesas redondas, seminarios, obradoiros e espazos propios para o debate.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2012.