Ir o contido principal

Remata o prazo do concurso de ideas para deseñar a imaxe da campaña do curso 2014-2015

Remata o prazo do concurso de ideas para deseñar a imaxe da campaña do curso 2014-2015
Remata o prazo do concurso de ideas para deseñar a imaxe da campaña do curso 2014-2015

A USC pecha este martes 11 o prazo da convocatoria do concurso de ideas para seleccionar o deseño que servirá de imaxe para a campaña do curso académico 2014-2015. A proposta gañadora destinarase ao material de difusión e promoción dos estudos da USC, como carteis, folletos ou web, entre outros. A esta convocatoria poderá concorrer estudantado universitario e de ensino medio residente en Galicia e que curse estudos en calquera centro desta comunidade autónoma. O concurso contempla un primeiro premio cunha dotación económica de 1.000 euros e a opción de outorgar un accésit de 600 euros, se ben ambos poderán declararse desertos se así o estima o xurado. Cada concursante poderá presentar ata un máximo de dúas propostas de carteis, que serán sempre orixinais e inéditas. Os concursantes serán responsables da total orixinalidade das obras presentadas e no caso de utilizar elementos ou motivos de terceiros deberán contar coa autorización ou autorizacións correspondentes. No caso de utilizar elementos gráficos ou de texto de dominio público, con copyleft ou con licenza creative commons, deberá facerse constar expresamente, indicando cales son os elementos afectados. A resolución final do xurado está programada para finais dese mesmo mes. As propostas presentaranse na Oficina de Información Universitaria (segundo andar do Pavillón Estudantil, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela, ou no Edificio Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo). Tamén poderá enviarse dentro do prazo, a través de correo certificado á dirección da Oficina do Campus de Santiago. Cada deseño deberá presentarse en soporte dixital e impreso en papel e acompañarase dunha ficha na que se fará constar nome e apelidos da persoa que propón o deseño, enderezo, teléfono e correo electrónico, curso e centro onde está a realizar os seus estudos, fotocopia do DNI, breve explicación do deseño proposto e unha lema para a campaña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2014.