Remata o prazo para inscribirse na II Xornada Universitaria Galega de Xénero

O prazo para inscribirse na II Xornada Universitaria Galega en Xénero rematará o próximo mércores 4 de xuño. Este encontro que promoven as oficina ou unidades de igualdade das tres universidades galegas propón na súa segunda edición unha ollada crítica ás desigualdades de xénero e ás causas menos visibles que as provocan no actual mundo globalizado. A xornada achégase cada ano aos tema de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar. Na edición de 2014 abordaranse cuestións relacionadas con ‘Mulleres na ciencia e na tecnoloxía’, coordinado pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña; ‘ Violencia simbólica, violencia real’, baixo a coordinación da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo; e ‘Migración e xénero’, a cargo da Oficina de Igualdade da USC. O programa das xornadas comezará o vindeiro 12 de xuño no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.