Ir o contido principal

Remata o prazo de inscrición para o test de nivel dos cursos do Centro de Linguas Modernas

Remata o prazo de inscrición para o test de nivel dos cursos do Centro de Linguas Modernas
Remata o prazo de inscrición para o test de nivel dos cursos do Centro de Linguas Modernas

As persoas interesadas nalgún dos cursos do Centro de Linguas Modernas (CLM) no segundo semestre e precisen realizar o test de nivel previsto para os días 24 e 25 de xaneiro, tanto en Santiago como en Lugo, deberán inscribirse nesta proba previamente, ata o mesmo mércores 25. Polo que respecta á matrícula dos cursos pódese formalizara ata o 7 de febreiro.

En Lugo ofértanse alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés e portugués. En Santiago poderán cursarse alemán, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés, italiano, portugués e xaponés.

Outras modalidades
Como novidades fronte á oferta doutros cursos, o CLM tamén contempla na súa oferta docente a modalidade Speaking-Skills (B1-B) para persoas que xa teñen o exame B1-A aprobado ou para aquelas que desexan practicas a destreza oral no nivel B1, así como un curso de inglés (B1) en modalidade semiintensiva semestral e o curso Advanced Speaking Skills for Tourism (C1).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2017.