Remata o prazo de matrícula para o curso de ‘Economía alternativa e solidaria: realidades e proxectos
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC organiza en colaboración con Panxea o curso de ‘Economía alternativa e solidaria: realidades e proxectos’ en paralelo co florecemento experimentado en Galicia nos últimos anos a través de múltiples experiencias como o comercio xusto, o cooperativismo de consumo ou a banca ética, entre outros. A matrícula permanecerá aberta ata o próximo mércores 9, mentres que as distintas sesións en que se vertebra o curso se celebrarán entre os días 11 e 13 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Recoñecido cun crédito de libre configuración, para obter o certificado de aproveitamento, as persoas inscritas deberán asistir como mínimo ao 90 por cento das horas totais programadas, sendo obrigatoria a entrega dunha memoria final, dunha extensión mínima de 400 palabras.