Ir o contido principal

Remata o prazo de matrícula do curso 'Ideias e identidades e o seu dinamismo'

O prazo de inscrición para o curso ‘Ideias e identidades e o seu dinamismo. Estudo, aplicações e técnicas’ remata o vindeiro día 10 de xullo. Organizado polo Grupo Galabra, o obxectivo deste Workshops que inclúe un seminario sobre técnicas de análise é reforzar a introdución no ámbito galego da análise e planificación da cultura.
Segundo a profesora Raquel Bello, coordinadora do curso, esta vía pode permitir a abertura no espazo das Ciencias Humanas e Sociais e novas liñas de traballo que permitan modernizar e facer competitivos os estudos nestas esferas, atendendo ás esferas investigadora, emprendedora e docente.
Deste xeito, entre os días 13 e 15 de xullo no Centro de Estudos Avanzados, tratarase de fixar o concepto de cultura abranguendo os modos que as distintas comunidades teñen de clasificar, ver e entender o mundo. Ademais prestarase atención aos cambios de obxectivos experimentados no estudo da cultura ou ao xurdimento de novos obxectos de estudo e a súa construción. Tamén se prestará atención á vertente aplicada destes estudos, que poden ter aplicacións de asesoría, consultoría e planificación para os ámbitos da administración pública, as empresas, a investigación, a docencia ou no proceso de elaboración de ofertas de grao e posgrao, particularmente neste momentos de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2009.