Ir o contido principal

Remata o prazo de matrícula para o curso de xestión de riscos químicos que se impartirá en Lugo

Os técnicos superiores en prevención de riscos laborais, médicos e enfermeiros do traballo ou estudantes de Ciencias que desexen asistir ao curso de formación continuada ‘A xestión do risco químico’, que se impartirá en Lugo dende o 15 de xaneiro ata o 15 de febreiro, poden formalizar a súa matrícula ata o vindeiro luns día 11 na facultade de Ciencias do campus lugués.
Este curso, organizado pola propia facultade e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), terá unha duración de 50 horas, das que a metade serán presenciais e a outra metade a través do portal formativo da web. As clases desenvolveranse os venres en horario de 16:00 a 21:00 horas e o sábados de 9:00 a 14:00 horas.
O xefe do centro do ISSGA da Coruña, Miguel Martínez Losada, e a xefa da sección de Hixiene Industrial, Lucía Ferrón, impartirán esta acción formativa na que, entre outros temas, se abordará o marco normativo e a xestión dos riscos químicos na sociedade actual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.12.2009.