Remata o prazo para presentar comunicacións á II Xornada Universitaria Galega de Xénero
A Xornada Universitaria Galega en Xénero, que promoven as oficina ou unidades de igualdade das tres universidades galegas, na súa segunda edición propón unha ollada crítica ás desigualdades de xénero e ás causa menos visibles que as provocan no actual mundo globalizado. A xornada achégase cada ano aos tema de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar. Na edición de 2014 abordaranse tres ámbitos temáticos aos que as persoas interesadas poderán enviar as súas comunicacións ata o próximo 8 de maio. Concretamente, trataranse cuestións relacionadas con ‘Mulleres na ciencia e na tecnoloxía’, coordinado pola oficina.igualdade [at] udc.es (Oficina para a Igualdade de Xénero) da Universidade da Coruña; ‘Violencia simbólica, violencia real’, baixo a coordinación da igualdade [at] uvigo.es (Unidade de Igualdade) da Universidade de Vigo; e ‘Migración e xénero’, a cargo da oix [at] usc.es (Oficina de Igualdade) da USC. A presentación de propostas debe realizarse a través do envío do formulario de comunicación, segundo a área temática, aos enderezos electrónicos das unidades ou oficinas de coordinadoras de cada ámbito temático.