Ir o contido principal

Remata a preinscrición no posgrao en seguridade Internacional

O Centro de Estudos de Seguridade da Universidade de Santiago e o Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) organizan na USC o posgrao propio en Seguridade Internacional, que se imparte en modalidade non presencial a través das plataformas informáticas virtuais da USC. A preinscrición neste posgrao, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño de 2015, estará aberta ata o día 15 deste mes de decembro. Pódese solicitar información en ceseg [at] usc.es (ceseg[at]usc[dot]es) ou a través da páxina web. Dirixido polo profesor Rafael García Pérez, nel imparten clase docentes das Universidades de Santiago de Compostela, Múnich (Lüdwig-Maximilians-Universitat, LMÜ), UNED, FLACSO-Ecuador, CESEDEN e do Instituto Español de Estudos Estratéxicos. O programa académico estrutúrase en catro módulos, que conteñen materias relacionadas coa configuración do mundo actual e a súa xeopolítica, a guerra e a violencia no século XX, os escenarios xeopolíticos rexionais, a arquitectura de seguridade europea, a teoría da guerra e xestión da violencia, a teoría da seguridade e políticas públicas de información, os conflitos armados actuais, os actores armados non estatais ou o dereito internacional humanitario, entre outras cuestións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2014.