Remata este venres o prazo de matrícula en nove cursos da Universidade de Verán

Este venres remata o prazo de matrícula en nove cursos da Universidade de Verán da USC que darán comezo en dez días en Santiago e Lugo. A institución mantén as taxas xerais de matrícula dos últimos anos, 120 euros para cursos de 25 ou máis horas e 70 para o resto. Ademais o estudantado universitario, de bacharelato ou de FP, pensionistas, desempregados/as e persoal docente e investigador e de administración e servizos da USC poderá acollerse á taxa reducida (70 e 40 euros). A programación comezará na segunda semana do mes de xuño, con cursos en Santiago referidos a radioloxía, química, a participación interxeneracional no proceso educativo, innovación de servizos asistenciais e a loita contra a pobreza; mentres que en Lugo esa semana falarase dos usos da auga, factoría de éxito e traballos de fin de grao e fin de máster en Ciencias Experimentais. Santiago de Compostela: . A radioloxía no século XXI . Do 8 ao 9 de xuño . A química, a ciencia que envolve as nosas vidas (IV). Do 8 ao 11 de xuño . Educación, coñecemento, tecnoloxía e ensino. Unha proposta interxeracional.
Do 8 ao 11 de xuño . Innovación de servizos asistenciais. Do 8 ao 12 e 24 e 26 de xuño . A loita contra a pobreza: a axenda de desenvolvemento post 2015. Do 9 ao 11 de xuño Lugo: . Paisaxes da auga, cultivos da auga, leis da auga. Do 8 ao 10 de xuño . Traballos fin de grao e fin de máster en ciencias experimentais: da proposta á defensa. Do 8 ao 12 de xuño . As reservas da biosfera como recurso da educación escolar. Do 8 ao 10 de xuño . Factoría de éxito. 9 e 10 e 16 e 17 de xuño