Remata a xornada dedicada a analizar o conto como recurso para a educación intercultural e a literacidade crítica
A Facultade de Filoloxía da USC foi o escenario da derradeira sesión da acción formativa "O conto como recurso para a educación intercultural e a literacidade crítica: catro variacións sobre o mesmo tema", dirixido ao alumnado de 3º de Primaria dos CEIPs Raíña Fabiola e Vite de Santiago de Compostela e que contou coa participación de estudantes, PDI e PAS das facultades de Filoloxía e CC. da Educación. Esta iniciativa veu dar continuidade á desenvolvida nos meses de febreiro e marzo de 2008 para o mesmo alumnado co título "As bibliotecas de centro como espazos interculturais".
O obxectivo xeral que guía estas iniciativas de extensión cultural -coordinadas polas profesoras da USC Mª Teresa Díaz, Inmaculada Mas, Luz Zas e Paula Outón- é o de presentar, recoñecer e valorar positivamente a diversidade lingüística e cultural do mundo e das localidades máis inmediatas a través de diversas actividades realizadas na biblioteca escolar.
Nesta convocatoria de decembro de 2008 desenvolveronse tres sesións de dúas horas en cada centro, dedicadas á multilectura e lectura pluriligüe, á reflexión, discusión e conclusións sobre prexuízos lingüísticos e culturais e a un obradoiro de escritura colectiva. No transcurso do acto de clausura celebrado o xoves en Filoloxía, as nenas e nenos de 3º de Primaria dos CEIPs de Vite e Raíña Fabiola leerán os contos que crearon na terceira sesión.