Ir o contido principal

Rematan os cursos intensivos de verán de linguas estranxeiras nos que participaron preto de 200 alumnos

O Centro de Linguas Modernas organizará probas de competencia lingüística de acordo aos novos Graos

Este venres 24 de xullo rematan os cursos intensivos de verán de linguas estranxeiras organizados polo Centro de Linguas Modernas (CLM) nos campus de Santiago e de Lugo.
Foron preto de douscentos os alumnos que nas últimas dúas semanas asistiron aos cursos de inglés, francés, alemán, italiano, catalán, portugués, chinés, checo, árabe, grego moderno e xaponés, sendo os de inglés e italiano os que suscitaron maior interese.
O Centro retomará as súas actividades académicas a primeiros de setembro cos cursos intensivos de español para estranxeiros, dirixidos especialmente a aqueles estudantes Erasmus e de intercambio que inician os seus estudos na USC.
Ademais, e como novidade para o vindeiro curso académico 2009-2010, o CLM organizará, previsiblemente no mes de xuño, probas de competencia lingüística (niveis B1 e B2), de acordo cos requisitos e disposicións establecidos polos novos Graos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2009.