Rematan as NerdNites deste curso cunha sesión no CGAC

Este xoves 20 será a última oportunidade do curso para gozar das apaixonadas charlas de nerds ou nerdines do panorama compostelán acerca de cuestións relacionadas coa ciencia e a vida. A iniciativa pioneira en España, que comezou na USC o pasado mes de setembro, tivo tanto éxito de público en todas as súas sesións que os organizadores están xa perfilando o programa do vindeiro curso. Nesta ocasión a cita será ás 22.00 horas no Kuinatr SCQ, a cafetaría do CGAC, e nela participarán o profesor salvador Bará Viñas coa charla ‘O roubo do século: Por que desapareceron as estrelas?’ e o artista Rubén Ramos Balsa con ‘A obxección de Ernst March ´ña liña do horizonte’. Ademais, se o tempo acompaña, ao remate está prevista unha sesión de observación nocturna con telescopios dende as terrazas do CGAC.