Ir o contido principal

Rematan as xornadas sobre violencia de xénero obrigatorias para os colexiados que desexen incorporarse á quenda de oficio nesta materia

Este xoves rematan as xornadas sobre violencia de xénero obrigatorias para os colexiados do ICA de Santiago que desexen incorporarse á quenda de oficio nesta materia e que organizou a Escola de Práctica Xurídica da USC.
As xornadas, desenvolvidas conxuntamente co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e coa colaboración do Consello da Avogacía de Galicia, impartíronse durante o mes de novembro na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais cun gran éxito de convocatoria en cada sesión, un total de 190 matriculados.
Entre outros temas, analizouse o itinerario procesual da vítima da violencia de xénero atendendo a cuestións concretas como as particularidades da proba e a súa valoración nos delitos, as consecuencias da conformidade da vítima, os procesos en materia de familia ou as medidas xudiciais de protección e de seguridade das vítimas da violencia de xénero, en particular a orde de protección. As xornadas rematan este xoves cunha conferencia sobre a constitucionalidade da Lei de Violencia de Xénero a cargo do maxistrado do Tribunal Constitucional Pascual Sala Sánchez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2008.