Remataron os roteiros ‘Camiño ao Gaiás’ organizados pola Fundación USC Deportiva

O roteiro ‘Camiño ao Gaiás’ pechou este xoves a súa edición de 2014 logo de levar máis de 200 persoas no percorrido que se iniciaba na praza de Mazarelos e que tiña a súa meta na Cidade da Cultura. Esta actividade da Fundación USC Deportiva permitiu descubrir novas formas de achegarse ao complexo deseñado por Peter Eisenman a través dun percorrido por lugares emblemáticos de Compostela. Ao longo de catro quilómetros e preto de tres horas de duración, as rutas estaban concibidas como unha ferramenta para poñer en valor a riqueza cultura e paisaxística de Santiago e promoción Monte Gaiás e as súas exposicións, ademais de fomentar un estilo de vida saudable a través da actividade física. A actividade estaba incluída dentro do programa ‘Verán no Gaiás’ que a Cidade da Cultura desenvolveu dende o pasado mes de xullo.