Ir o contido principal

Rematou no CIMUS un ciclo que repasa fórmulas de éxito de xestión da investigación en España

O reitor xunto á secretaria de estado e o conselleiro, reciben as explicacións de Mabel Loza na visita ás instalacións do CIMUS. Foto: Servimav-USC
O reitor xunto á secretaria de estado e o conselleiro, reciben as explicacións de Mabel Loza na visita ás instalacións do CIMUS. Foto: Servimav-USC
O reitor, a secretaria de estado de I+D+i e o conselleiro de Cultura visitaron as instalacións do CIMUS

O ciclo ‘Fórmulas de éxito de xestión da investigación en España’ celebrou este venres 19 a súa sesión de clausura no edificio do Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), onde ao longo deste mes se celebraron unha serie de charlas para coñecer as mellores prácticas desenvolvidas noutras comunidades autónomas e participar no proceso de optimización do modelo galego de xestión da investigación. Con anterioridade ao inicio da quenda de intervencións, o reitor Juan Viaño xunto coa secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, realizaron unha visita ás instalacións do CIMUS. A xornada comezou cunha primeira serie de relatorios sobre as condicións para crear unha contorna atractiva de investigación universitaria en Galicia. Nela interviñeron a profesora da USC Mabel Loza, o investigador da Universidade da Coruña Héctor Gómez e o de Vigo Fernando Pérez. Deseguido, Carmen Vela impartiu a conferencia ‘O impulso do liderado científico e tecnolóxico a través do programa de Apoio a Centros de Excelencia Severo Ochoa’. Foto: Serimav-USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2015.